miércoles, 22 de julio de 2015

Minihistoria de terror/ Minirelato de terror

~El sonido de las cadenas


Xandre estaba escondido bajo la mesa cuando sintió cerca de él el ruído de unas garras afilándose.
Se encogió, apretándose tan fuerte que sintió como el reloj se le clavaba en la carne.
La persona que estaba allí llevaba unas cadenas amarradas a los piés: empezó a moverlas, como si estuviese intentando quitárselas.
Entonces la puerta se abrió y el monstruo de las cadenas se fue. Xandre aprovechó el momento para marcharse.
Justo cuando estaba a punto de salir a la calle sintió una persona detrás de él. En ese momento sonó su voz, una carcajada maléfica y terrorífica. Junto al sonido terminó también Xandre que yacía en suelo, sin vida.

~O son das cadeas


Xandre estaba agochado debaixo da mesa cando sentiu preto del o ruído dunhas garras afiándose. Encolleuse, apertándose tan forte que sentiu como o reloxo se cravaba na carne.
A persoa que estaba alí levaba unhas cadeas amarradas ós pés; comezou a movelas, coma se estivese tentando quitalas.

Entón a porta abriuse e o monstro das cadeas foise, Xandre aproveitou o momento para marchar. Xusto cando estaba a piques de saír á rúa sentiu unha persoa tras del. Nese intre soou a súa voz, unha gargallada maléfica e terrorífica. Canda o son rematou tamén Xandre xacía no solo, sen vida.

martes, 7 de julio de 2015

Resumen de mi libro favorito "Los Pilares de la Tierra"/ Reseña do meu libro preferido "Los pilares de la tierra"


 ~Los Pilares de la Tierra de Ken Follett es un libro publicado por primera vez en 1989 y  llevado a la televisión con una miniserie de nueve capítulos en 2010.

Está ambientado en la Inglaterra del siglo XII y situado en el priorato de Kingsbridge.

La novela está protagonizada por numerosos personajes:
Philip, prior de Kinsbridge; Tom Builder, un constructor que viaja acompañado de su mujer y sus dos hijos en busca de empleo; Jack Builder, hijastro de Tom e hijo de Ellen; Aliena de Shiring, joven, hija del conde, que se queda en la calle y a cargo de su hermano pequeño; William Hamleig, exprometido de Aliena, con la que tiene una gran obsesión; etc.

En 2007 Ken Follett publicó una segunda parte: Un mundo sin fin.

Personalmente este es mi libro favorito. Me encanta como está narrado y la forma en que el autor se comunica con el lector.
Mi personaje favorito es Jack Builder. Al principio no me gustaba mucho y no lo consideraba protagonista, pero terminó por convertirse en el más importante. Tiene una personalidad diferente al resto de personajes. Su gusto por la arquitectura, sus ganas de mejorarlo todo y hacer el bien son lo que más me gusta de él.

Recomiendo esta novela a todo el mundo porque se aprenden muchas cosas sobre la Edad Media, la arquitectura y  la vida de los monjes en aquella época.
No voy a alargarme más porque no quiero desvelar nada de la historia, ojalá os haya ayudado si estabais dudando en leerlo. 
Buenas noches.



~Los Pilares de la Tierra de Ken Follett é un libro publicado por primera vez en 1989 e levado á televisión cunha miniserie de nove capítulos en 2010.

Está ambientado na Inglaterra do século XII e situado no priorato de Kingsbridge.

A novela está protagonizada por numerosos personaxes:
Philip, prior de Kinsbridge; Tom Builder, un constructor que viaxa acompañado da súa muller e dos seus fillos na busca de emprego; Jack Builder, fillastro de Tom e fillo de Ellen; Aliena de Shiring, moza, filla do conde, que queda na rúa a cargo do seu irmán pequeno; William Hamleig, exprometido de Aliena, coa que ten unha gran obsesión; etc.

En 2007 Ken Follett publicou unha segunda parte: Un mundo sin fin.

Persoalmente este é o meu libro favorito. Encántame como está narrado e a forma na que o autor se comunica co lector.
O meu personaxe favorito é Jack Builder. Ao principio non me gustaba moito o non o consideraba protagonista pero rematou por converterse no máis importante. Ten unha personalidade diferente ao resto de personaxes. O seu gusto pola arquitectura, as súas ganas de melloralo todo e facer o ben son o que máis me gusta del.

Recomendo esta novela a todo o mundo porque se aprenden moitas cousas sobre a Idade Media, a arquitectura e a vida dos monxes naquela época.
Non vou a alongarme máis porque non quero desvelar nada da historia, oxalá vos axudase si estabades dubidando en lelo. 
Boas noites.

Historia premiada en el Día de las Letras Gallegas 2015/ Relato premiado no Día das Letras Galegas 2015


~Buenas noches. Esta historia la publicaré solamente en gallego ya que en castellano nada tendría sentido, fue creada para el Día de las Letras Gallegas y no la voy a traducir. Lo siento por aquella gente que no entiende mi lengua. Hasta pronto. 



~Boas noites . Este relato publicareino soamente en galego xa que en castelán nada tería sentido, foi creado para o Día das Letras Galegas e non a vou traducir. A continuación deixovos esta fermosa historia que escribín con moito cariño para disfrute de tod@s @s galeg@s. Deica logo.

Unha mañá común

Rosa levantouse pola mañá, cos seus setenta anos ás costas e os ósos de todo o corpo doídos, dirixiuse á mesiña onde se atopaba o recipiente cheo de auga para lavar a cara.

Puxo o pote a quentar na cociña de ferro e mentres, vestiuse coa súa indumentaria habitual: un vestido negro e por riba un mandil escuro. Situouse fronte ao pequeno espello da habitación e coa axuda dun peite e un lazo gris recolleu o pelo nunha coleta.

De volta na cociña colleu a súa cunca e verteu o contido do pote nela. Sentouse á mesa e rodeou a cunca coas mans para recibir a calor que esta lle proporcionaba. Pouco a pouco foi bebendo o leite quente e sentíndose con máis enerxía para afrontar o día.
Cando rematou, deixou todo recollido no centro da mesa. Saíu pola porta da casa, non sen antes recoller o seu sombreiro de palla e calzalos zocos.

Foi á corte coller o fouciño e saíu pola canceliña camiño da Fonte de San Miguel, chamado así porque alí hai unha fonte. É un lugar moi fermoso, mires cara a onde mires ves cores verdes. Dun lado vese o mar, a praia da Aguieira, doutro lado vese Iroite, diante o monte e detrás a aldea de Resúa.

As horas foron pasando mentres Rosa segou a herba que esa noite comerían as vacas, ese día non puideron saír. Unha delas, A Nova, acababa de dar a luz un becerro. Francisco (o home de Rosa) non creu que fose conveniente deixar a criatura todo o día fóra, pola calor e por se lle sucedese algo.

Por fin rematou de cortar a herba. Mirou ao ceo, debían ser as doce da mañá. Deixou a leira para volver ao camiño e regresar á casa.

Cando estaba a metade do traxecto atopouse moi cansa e sentiu a necesidade de sentar, casualmente a uns pasos había un banco de pedra.
Levaría alí uns poucos minutos cando apareceu a súa boa amiga Dolores e ao vela alí acercouse a ela para comentar calquera cousa.

As dúas mulleres leáronse a falar. Rosa contoulle a Dolores que tiñan un novo puchiño fillo da Nova; e esta, comentoulle que xa tiñan o millo maduro para apañar.
Entre conto e conto foi pasando o tempo.

De súpeto apareceu Mª Carmen, a neta de Rosa, de tan só catro anos.

-Madriña, teño fame.

-Imos agora facer. Ata logo Dolores, vémonos despois que lle vou facer o xantar a Carmiña.

E así, co sol pegando forte, Rosa e a súa netiña marcharon para a casa. Xuntas e da man. Unha camiñando amodo e a outra dando chimpos. A vella bastante cansa, a pesar de que o día acababa de comezar; e a pequena disposta a comer todo o prato de balocas fritas con ovos que a súa querida avoa lle serviría ao chegar á casa.




Historia ganadora del III Certamen de Cartas por la solidaridad y la igualdad./ Relato gañador do III Certame de Cartas pola solidaridade e a igualdade.

~Querida mamá, hoy cumplí ocho años.
Cuando desperté por la mañana tenía un oso de peluche muy grande encima de mi cama, es muy bonito y peludo.
Me levanté corriendo para enseñárselo a la abuela pero no la encontré por ningún sitio. Entonces se me ocurrió buscarla en el salón. Allí estaba, hablando por teléfono. Yo me quedé quieta y callada para darle un susto y oí lo que decía. Hablaba con alguien sobre papá, lo sé porque dijo "Hoy es el cumpleaños de la niña y ese malnacido no se dignó a pedirle a su madre que le comprase un regalo, ojalá se pudra en la cárcel". Como estaba muy enfadada fui corriendo a la cocina y la esperé allí con mi nuevo peluche.
Poco después llegó y al verme le cambió la cara. Le enseñé mi regalo y me dijo que era de mi madrina. Hoy no pudo venir pero mañana ella y el tío José me van a llevar de paseo.
Cuando terminé de desayunar le pregunté a la abuela que es la cárcel, me contestó que se parece a la escuela, allí se castiga a las personas que se portan mal.

Por la tarde la abuela me hizo una tarta de chocolate igual a la que me hacías tú.
Me dió su regalo, un libro de aventuras, te lo enseñaré cuando vuelvas.
Los otros abuelos no vinieron. Cuando le pregunté a la abuela por que tardaban tanto, respondió que tenían algunos asuntos que atender y ya me visitarían otro día.
Yo sé que es mentira, que ellos no vienen porque no se llevan bien con la abuela, defienden a papá. No entiendo por que a la abuela no le gusta papá. 

Ahora que te hablo de él, a la hora de la merienda me llamó, aunque hablamos muy poquito porque no le dejaban más tiempo. Dicen que en esa escuela los profesores son muy malos, no como en la mía.
Me felicitó, fijo que sentía mucho no estar conmigo. Me prometió que cuando saliese me llevaría al parque de atracciones y me compraría muchos juguetes y libros.

Después de terminar la llamada me telefonearon los tíos de Santiago. Hablé con la tía Elisa y con la prima Raquel y dijeron que el próximo fin de semana podía ir a su casa. La abuela me dijo que si, así que la semana que viene la dejaré sola.
Tengo muchas ganas de ir, porque lo paso genial jugando con los primos en su jardín. Yo también quería tener un jardín, como el que teníamos en nuestra casa, pero la abuela vive en un piso y aquí solo hay plantas en el balcón.

Te echo mucho de menos mamá, quiero que vuelvas de tu viaje y volvamos con papá a nuestra casa con jardín para jugar.
En en catecismo me dijeron que el cielo es un lugar muy bonito: hay ángeles y muchas nubes, así que supongo que lo estarás pasando muy bien tomando el té con Dios.

Te quiero mucho, un beso.  




~Querida mamá, hoxe cumprín oito anos.
Cando espertei pola mañá tiña un oso de peluche moi grande enriba da cama, é moi bonito e peludo.
Erguinme correndo para ensinarllo á avoa pero non a atopei por ningures. Entón ocorréuseme mirar por ela no salón. Alí estaba, falando por teléfono. Eu quedei quieta e calada para darlle un susto e oín o que dicía. Falaba con alguén sobre papá, seino porque dixo “Hoxe é o aniversario da nena e ese malnacido non se dignou a pedirlle á súa nai que lle mercase un agasallo, oxalá podreza no cárcere”. Como estaba moi anoxada marchei correndo para a cociña e agardeina alí co meu novo peluche.
Pouco despois chegou e ao verme cambioulle a cara. Ensineille o meu regalo e díxome que era un agasallo de madriña. Hoxe non puido vir pero mañá, ela e o tío Xosé hanme levar de paseo.
Cando rematei de almorzar pregunteille á avoa que é o cárcere, contestoume que se parece á escola , alí castígase as persoas que se portan mal.

Pola tarde a avoa fíxome unha torta de chocolate igual á que me facías ti.
Deume o seu agasallo, un libro de aventuras, heicho ensinar cando volvas.
Os outros avós non viñeron. Cando lle preguntei á avoa por que tardaban tanto, respondeu que tiñan algúns asuntos que atender e xa me visitarían outro día.
Eu sei que é mentira, que eles non veñen porque non se levan ben coa avoa, defenden a papá. Eu non entendo por que á avoa non lle gusta papá.

Agora que che falo del, á hora da merenda chamoume, aínda que falamos moi pouquiño porque non lle deixaban máis tempo. Seica nesa escola os mestres son moi malos, non coma na miña.
Felicitoume, dixo que sentía moito non estar comigo. Prometeu que cando saíse me levaría ao parque de atraccións e me mercaría moitos xoguetes e libros.

Despois de rematar a chamada telefonáronme os tíos de Santiago. Falei coa tía Elisa e coa prima Raquel e dixeron que a fin de semana seguinte podía ir pasala á súa casa. A avoa díxome que si, así que a semana que vén deixareina soa.
Teño moitas ganas de ir, porque o paso xenial xogando cos primos na súa horta. Eu tamén quería ter unha horta, coma a que tiñamos na nosa casa, pero a avoa vive nun piso e aquí só hai plantas no balcón.

Bótote moito de menos mamá, quero que regreses da túa viaxe e volvamos con papá á nosa casa con horta para xogar.
Na catequese dixéronme que o ceo é un lugar moi bonito: hai anxos e moitas nubes, así que supoño que o estarás pasando moi ben tomando o té con Deus.

Quérote moito, un bico.




miércoles, 24 de junio de 2015

Larga ausencia/ Longa ausencia

~Antes de nada tengo que pedir disculpas a todos por no publicar entradas desde hace tiempo. La causa está más que justificada: exámenes, exámenes y más exámenes. Tuve que estudiar mucho y no podía hacer un hueco para escribir, ya que para mi lo primordial son los estudios.
Ahora que ya he terminado y tengo todo el verano por delante intentaré escribir con frecuencia siempre que tenga inspiración.
Tengo algunas ideas de lo que voy a contaros en las próximas entradas y espero que os gusten. Publicaré antes de nada las dos historias con las que fui premiada en concursos de mi localidad y luego escribiré sobre mis pequeñas y futuras vacaciones en Portugal. Además os voy a recomendar algunos libros que leí y me gustaron o creo que pueden gustaros. Esta noche como muy tarde subiré las historias que os he prometido. Mis más sinceras disculpas por la ausencia y que tengáis unos muy buenos días.

~Antes de nada teño que pedir desculpas a todos por non publicar entradas dende fai tiempo. A causa está máis que xustificada: exames, exames y más exames. Tiven que estudar moito e non puiden facer un oco para escribir, xa que para min a prioridade son os estudos.
Agora que xa rematei e teño todo o verán por diante intentarei escribir con frecuencia sempre que teña inspiración.
Teño algunhas ideas do que vou a contarvos nas próximas entradas e agardo que vos gusten. Publicarei antes de nada as dúas historias coas que fun premiada en concursos da miña localidade e logo escribirei sobre as miñas pequenas futuras vacacións en Portugal. Ademais vouvos recomendar algúns libros que lín e me gustaron ou creo que poden gustarvos. Esta noite como moi tarde subirei as historias que vos prometín. As miñas máis sinceras disculpas pola ausencia e que teñades uns moi bos días.

sábado, 9 de mayo de 2015

Porqué no es fácil ser adolescente/ Porqué non é doado ser adolescente.

~Aunque mucha gente crea que ser adolescente es fácil no es así. La adolescencia es una de las etapas más difíciles de la vida de cualquier persona, unos pueden vivirla bien y otros peor, pero no es fácil.
Entre los 12 y los 20 años los seres humanos sufrimos una ''etapa de transición'' de la infancia a la edad adulta. Durante estos 8 años experimentamos unos cambios tanto físicos como psicológicos, estos pueden afectarte más o menos dependiendo de tu personalidad.

Cambios físicos:

-En los niños estos cambios son evidentes: voz más grave, aumento del grosor de los huesos, aparición de bello por todo el cuerpo, etc.
Aquí ya podemos encontrar algunas de las razones por las que la adolescencia es difícil, ya que  a algunos niños tardará más tiempo en aparecerle el bello, en cambiarle la voz,...; sin embargo a otros les sucederá antes de lo previsto. Tanto los primeros como los segundos pueden sufrir críticas y risas de sus compañeros y empezar a ser llamados por motes como: el gordito, el enano, el fideo, el peludo, etc.

-En las niñas unos cambios se ven y otros no: aumento de pecho, ensanchamiento de caderas, aumento del bello en algunas zonas del cuerpo y primera menstruación.
No solo los niños pueden recibir criticas de sus compañeros, también las niñas serán juzgadas por el resto de niños y niñas; por tener mucho pecho o tener muy poco, por tener mucho culo o muy poco, por tener bigote, entrecejo o pelos en las piernas, y un largo etc.

Cambios psicológicos:

Estos son los que no se ven y también los que más diferencian a niños y niñas ya que nosotras maduramos antes que los chicos. También hay excepciones.
Cambia la forma de pensar en todos los sentidos y nos volvemos más adultos.

Por todo esto es difícil ser adolescente pero no es lo único. Como en esta edad no somos ni niños ni adultos (normalmente son nuestros padres quienes deciden para que somos una cosa u otra) tenemos problemas a la hora de dar a conocer nuestras ideas como personas maduras ya que muchas veces no nos toman en serio, y luego cuando nos comportamos como niños nos tachan de infantiles e inmaduros.

Nos pasamos estos años estudiando para tener un futuro el día de mañana y poder ser alguien (aunque muchas veces terminemos con 2 carreras trabajando en un supermercado o sin empleo; este tema lo dejo para otra entrada) y no podemos disfrutar plenamente de las cosas buenas de esta etapa (que las hay) como es salir de fiesta, divertirse con amigos y tener las primeras relaciones amorosas.

No voy a entrar en otros detalles como el consumo de alcohol y drogas o la primera relación sexual, lo dejaré para otra entrada.

Supongo que después de leer esto reflexionaréis y os daréis cuenta de que no es fácil ser adolescente. Sobre todo porque muchos de vosotros habréis pasado esta etapa.

-Espero que os haya gustado mi reflexión y sobre todo no haber herido los sentimientos de nadie porque esa no es para nada mi intención.
Si tenéis algo que opinar o alguna sujeción ponérmela en los comentarios.
Gracias por leer.




~Aínda que moita xente crea que ser adolescente Ã© doado non Ã© así. A adolescencia Ã© unha das etapas máis difíciles da vida de calquera persoa, uns poden vivíla ben e outros peor, pero non Ã© doado.
Entre os 12 e os 20 anos os seres humanos sufrimos unha ''etapa de transición'' da infancia Ã¡ idade adulta. Durante estos 8 anos experimentamos uns cambios tanto físicos como psicolóxicos, estes poden afectarche máis ou menos dependendo da túa personalidade.

Cambios físicos:

-Nos nenos estes cambios son evidentes: voz máis grave, aumento do grosor dos ósos, aparición de peluxe por todo o corpo, etc.
Aquí xa podemos atopar algunhas das razóns polas que a adolescencia Ã© difícil, xa que a algúns nenos tardará máis tempo en aparecerlle a peluxe, en cambiarlle a voz,...; mentres a outros lles ocorrerá antes do previsto. Tanto os primeiros como os segundos poden sufrir críticas e risas dos seus compañeiros e comezar a ser chamados por alcumes como: o gordiño, o anano, o fideo, o peludo, etc.

-Nas nenas uns cambios vense e outros non: aumento de peito, ensanchamiento de cadeiras, aumento da peluxe nalgunhas zonas do corpo e primera menstruación.
Non só os nenos poden recibir críticas dos seus compañeiros, tamén as nenas serán xuzgadas polo resto de nenos e nenas; por ter moito peito ou ter moi pouco, por ter moito cú ou moi pouco, por ter bigote, entrecejo ou pelos nas pernas, e un longo etc.

Cambios psicolóxicos:

Estes son os que non se ven e tamén os que máis diferencian a nenos e nenas xa que nós maduramos antes que os chicos. Tamén hai excepcións.
Cambia a forma de pensar en todos os sentido e volvémonos máis adultos.

Por todo isto Ã© difícil ser adolescente pero non Ã© o único. Como nesta idade non somos nin nenos nin adultos (normalmente son nosos pais quenes deciden para qué somos unha cousa ou outra) temos problemas Ã¡ hora de dar a coñecer as nosas ideas como persoas maduras xa que moitas veces non nos toman en serio, e logo cando nos comportamos como nenos táchannos de infantís e inmaduros.

Pasamos estes anos estudando para ter un futuro o día de mañá e poder ser alguén (aínda que moitas veces rematemos con 2 carreiras traballando nun supermercado ou sen emprego; este tema deixoo para outra entrada) e non podemos disfrutar plenamente das cousas boas de esta etapa (que as hai) coma saír de festa, divertirse cos amigos e ter as primeiras relacións amorosas.

Non vou a entrar noutros  detalles como o consumo de alcohol e drogas ou a primeira relación sexual, deixareino para outra entrada.

Supoño que despois de ler isto reflexionaredes e vos daredes conta de que non Ã© doado ser adolescente. Sobre todo porque moitos de vós pasáchedes por esta etapa.

-Espero que vos gustase a miña reflexión e sobre todo que non ferise os sentimientos de ninguén porque esa non Ã© para nada a miña intención.
Si tendes algo que opinar ou alguna suxestión poñédema nos comentarios.
Grazas por ler.
~No intentes crecer demasiado rápido porque el que crece antes de tiempo nunca conocerá las ventajas de ser niño.~

~Non intentes medrar demasiado rápido porque o que medra antes de tempo nunca coñecerá as vantaxes de ser neno.~